Talento: o enfoque

imprescindible para a Transformación Dixital

ANFITRIÓN: Escola de especialidades da Armada Antonio de Escaño.

día confirmado: xoves 11 de abril.

Horario: de 09:00 a 14:30.

Lugar: Ferrol.

Programa final

09:30 – 09:45 Recepción na Escuela Antonio de Escaño da Armada.

09:45 – 10:00 Benvida e apertura do encontro por parte dos promotores e do Comandante-Director da Escuela Antonio de Escaño, D. Alfonso Vallés Sales.

10:00 – 10:30 Contextualización. “A perspectiva da formación do talento no proceso de Transformación Dixital na Armada Española”. Comandante-Director da Escuela Antonio de Escaño D. Alfonso Vallés Sales.

10:30 – 11:30 Visita a módulos de formación da Escuela Antonio de Escaño.

  • Módulo “Marqués de Molíns”. Simulador Control de Plataforma. Recreación actuación frente a unha emerxencia no Buque de Acción Martina “Furor”. Buque máis moderno da Armada.

    •Edificio “Álvarez-Ossorio”. Aulas TIC e Satélite.

    •Centro de Seguridade Interior da Armada. Simulador contralumes. Equipamento individual de protección ante incidentes no mar. Aula medioambiente.

11:30 – 11:50 A universidade como motor do desenrolo económico e social en un mundo social e tecnolóxico. D. Antonio Abril Abadín. Presidente dos Consellos Sociais das Universidades de España.

11:50 – 12:10 Visión da Formación Profesional. D. Manuel Correidoira López. Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

12:10 – 12:30. D. Julio Abalde Alonso. Reitor da Universidade de A Coruña.

12:30 – 14:00 Visita á fragata “Blas de Lezo” da serie F100.

14:00 Peche e clausura do encontro.

14:30 Viño español cortesía da Escuela Antonio de Escaño-. Ó longo da xornada servirase un café para fomentar a relación persoal entre os asistentes.

Notas:

O formulario non devolve confirmación, pero funciona. Ti só mete os teus datos unha vez e confía en que Google Forms faga ben a súa parte.

Poderase aparcar nas instalacións da escola sempre que identifiques a matrícula do coche no formulario.

Imos entrar nunhas instalacións militares. Recorda levar o DNI para identificarte axeitadamente no posto de control da entrada.

Xuntanzas para o achegamento

integrantes do equipo promotor
Fernando Suárez Menéndez
Guillermo Vázquez González
José Antonio Fernández Iglesias
Marcelo Castelo Rivas
Paco Salgueiro Cociña
Javier Franco Tubío

Este é un foro con espírito aberto. Aquelas persoas que mostren interese en colaborar activamente no desenvolvemento do proxecto serán moi ben recibidas.

Encontros na eira?

sombreiro

É un think tank. Un foro de debate plural. Un punto de encontro intelectual no que profesionais expoñen e  debaten sobre temas e asuntos de actualidade con especial interese para o seu colectivo e, en ocasións, para a cidadanía.

O obxectivo final dun encontro é compartir experiencias nunha contorna fraternal, tocar a incerteza do dirixente, fortalecer a imaxe do colectivo, dar visibilidade á súa existencia e á súa achega e que pase a formar parte da axenda intelectual galega.

Tamén pretende estreitar e humanizar as relacións á vez que se fortalece o sentido de pertenza do colectivo participante coa súa propia profesión.

Obxectivos

Crear, desenvolver e fortalecer o orgullo de pertenza entre os profesionais

tocar a súa incerteza profesional e dar visibilidade o seu labor na sociedade

Que o colectivo sexa percibido, ademais de como profesionais da súa actividade, como un grupo aberto cara á sociedade e dispoñible para o intercambio e a xeración de ideas.

Tocar e reducir a incerteza que todo dirixente soporta na súa actividade profesional compartindo experiencias cos seus homólogos doutras organizacións.

Desenvolver e fortalecer o orgullo de pertenza entre os membros do colectivo participante coa súa propia profesión.

Humanizar e fortalecer as relacións dos profesionais do colectivo entre si.

Cada encontro realizarase nas instalacións dalgunha das principais organizacións de Galicia.

Exporanse, dependendo de cada escenario,  dous ou tres tipos de contidos:

  • Conferencias sobre a realidade diaria da institución anfitrioa expostas polos profesionais do seu equipo..
  • Conferencia – debate. Exponse un asunto de interese do colectivo por parte dos anfitrións e iníciase un debate aberto cos asistentes ao encontro.
  • Conferencia sobre temáticas do ámbito das habilidades directivas por parte dalgún reputado profesional.

En ningún caso haberá exposicións realizadas por parte de empresas comerciais.

Tampouco se convidará a asistir a representantes de firmas comerciais do sector.

Que facemos?

pulpo

Como o facemos?

queixo

Todos os debates están dirixidos por un moderador que, afastado da defensa de posturas persoais, encárgase de dinamizar e controlar o intercambio de ideas provocando que interveñan todos os invitados e que se aborden os temas máis polémicos do tema a tratar.

A duración estándar das conferencias será de 45 minutos incluíndo o  coloquio cos asistentes.

Algúns debates irán precedidos dunha introdución ao tema en cuestión para entrar no intercambio posterior de experiencias por parte de todos os asistentes.

Outra modalidade de debate enfrontará dous equipos con visións opostas dun asunto especialmente controvertido.

Unha vez finalizado o encontro os participantes que o desexen poderán compartir unha comida de confraternización que, ao non haber patrocinios, pagará cada asistente.

Nota: O formulario non devolve confirmación, pero funciona. Ti só mete os teus datos unha vez e confía en que Google Forms faga ben a súa parte.

vel, Praesent id, quis pulvinar ipsum ut vulputate, id justo ultricies Donec