Intelixencia Artificial

a electricidade do século XXI

Imagen relacionada

día confirmado: xoves 11 de abril.

Horario: de 09:00 a 14:30.

Programa final

09:30 – 10:00 Recepción

10:00 – 10:15 Benvida e apertura do encontro por parte dos promotores e do director do CITIUS, profesor Paulo Félix Lamas.

10:15 – 10:40 Contextualización sobre a Intelixencia Artificial e presentación do Grupo de Sistemas Intelixentes (GSI) por parte do seu director, profesor Senén Barro Ameneiro.

10:40 – 11:40 Intelixencia Artificial aplicada á realidade empresarial e institucional.

  • Xeración automática de linguaxe natural: como facer que os teus datos falen. Alberto Bugarín Diz. Investigador do CITIUS.
  • Técnica de minería e analíticas para a mellora de procesos de negocio. Manuel Lama Penín. Investigador do CITIUS.
  • Detección e tracking de obxectos en vídeo mediante Deep Learning. Manuel Mucientes Molina. Investigador do CITIUS.
  • Coleccións de entrenamento de baixo custe en aprendizaxe automática. David Losada. Investigador do CITIUS.
  • Caléndula: unha app para a simplificación da xestión terapéutica. Paulo Félix Lamas. Investigador do CITIUS.

11:40 – 12:00 Presentación de Spin-offs baseadas en IA do GSI:

  • Imagames, servizos baseados na gamificación.
    • Javier López Morado, director de enxeñaría de Imagames.
  • Situm Technologies, posicionamento e guiado en interiores vía móbil.
    • Adrián Canedo Rodríguez, cofundador e director de tecnoloxía de Situm.

12:00 – 12:30 Descanso e confraternización.

12:30 – 13:45 Mesa redonda. Freos e impulsores para a adopción da Intelixencia Artificial en empresas e institucións.

  • Modera Marcelo Castelo. Escritor e divulgador.
  • Senén Barro Ameneiro. Director do GSI.
  • Alfonso Vallés Sales, Comandante-Director da Escola de Especialidades da Armada Antonio Escaño.
  • Benigno Rosón Calvo. Subdirector Xeral de Sistemas e Tecnoloxías da Información da Consellería de Sanidade.  
  • César Alberto Pérez Iglesias. Xefe de Proxecto en dominios de Servizos e Conectividade Vehículo do Grupo PSA.

13:45 – 14:15 Made in Galicia. José Pereira Fariña. Director da área de Innovación e Negocio da TVG.

14:15 Peche e clausura do encontro.

14:30 Xantar na eira -pago personal no restaurante do Campus Vida, Monte da Condesa-

Nota: O formulario non devolve confirmación, pero funciona. Ti só mete os teus datos unha vez e confía en que Google Forms faga ben a súa parte.

Xuntanzas para o achegamento

integrantes do equipo promotor
Fernando Suárez Menéndez
Guillermo Vázquez González
Javier Franco Tubío
José Antonio Fernández Iglesias
Marcelo Castelo Rivas
Pablo Pérez Pérez
Paco Salgueiro Cociña
Rafael Díaz Lage

Este é un foro con espírito aberto. Aquelas persoas que mostren interese en colaborar activamente no desenvolvemento do proxecto serán moi ben recibidas.

Encontros na eira?

sombreiro

É un think tank. Un foro de debate plural. Un punto de encontro intelectual no que profesionais expoñen e  debaten sobre temas e asuntos de actualidade con especial interese para o seu colectivo e, en ocasións, para a cidadanía.

O obxectivo final dun encontro é compartir experiencias nunha contorna fraternal, tocar a incerteza do dirixente, fortalecer a imaxe do colectivo, dar visibilidade á súa existencia e á súa achega e que pase a formar parte da axenda intelectual galega.

Tamén pretende estreitar e humanizar as relacións á vez que se fortalece o sentido de pertenza do colectivo participante coa súa propia profesión.

Obxectivos

Crear, desenvolver e fortalecer o orgullo de pertenza entre os profesionais

tocar a súa incerteza profesional e dar visibilidade o seu labor na sociedade

Que o colectivo sexa percibido, ademais de como profesionais da súa actividade, como un grupo aberto cara á sociedade e dispoñible para o intercambio e a xeración de ideas.

Tocar e reducir a incerteza que todo dirixente soporta na súa actividade profesional compartindo experiencias cos seus homólogos doutras organizacións.

Desenvolver e fortalecer o orgullo de pertenza entre os membros do colectivo participante coa súa propia profesión.

Humanizar e fortalecer as relacións dos profesionais do colectivo entre si.

Cada encontro realizarase nas instalacións dalgunha das principais organizacións de Galicia.

Exporanse, dependendo de cada escenario,  dous ou tres tipos de contidos:

  • Conferencias sobre a realidade diaria da institución anfitrioa expostas polos profesionais do seu equipo..
  • Conferencia – debate. Exponse un asunto de interese do colectivo por parte dos anfitrións e iníciase un debate aberto cos asistentes ao encontro.
  • Conferencia sobre temáticas do ámbito das habilidades directivas por parte dalgún reputado profesional.

En ningún caso haberá exposicións realizadas por parte de empresas comerciais.

Tampouco se convidará a asistir a representantes de firmas comerciais do sector.

Que facemos?

pulpo

Como o facemos?

queixo

Todos os debates están dirixidos por un moderador que, afastado da defensa de posturas persoais, encárgase de dinamizar e controlar o intercambio de ideas provocando que interveñan todos os invitados e que se aborden os temas máis polémicos do tema a tratar.

A duración estándar das conferencias será de 45 minutos incluíndo o  coloquio cos asistentes.

Algúns debates irán precedidos dunha introdución ao tema en cuestión para entrar no intercambio posterior de experiencias por parte de todos os asistentes.

Outra modalidade de debate enfrontará dous equipos con visións opostas dun asunto especialmente controvertido.

Unha vez finalizado o encontro os participantes que o desexen poderán compartir unha comida de confraternización que, ao non haber patrocinios, pagará cada asistente.

Nota: O formulario non devolve confirmación, pero funciona. Ti só mete os teus datos unha vez e confía en que Google Forms faga ben a súa parte.

Aenean libero. et, Lorem ut consectetur sed